lunes, 16 de octubre de 2017

PracTICa 03: Que uso lle das ao ordenador e ao móbil?


O principal uso que lle dou ao ordenador é académico. Paréceme unha ferramenta moi útil e eficaz para buscar información. Ademais, hoxe en día, todos os traballos que facemos para o instituto son en formato dixital, polo que é imprescindible o uso do ordenador.

Isto ten grandes vantaxes, xa que podemos compartirnos os traballos entre nós e traballar simultaneamente mediante Google Drive, sen ter a necesidade de quedar. O único inconveniente é que calquera problema informático ou un problema na wifi pode facer que se perda a información ou que non poidamos compartir os traballos cos profesores a tempo.

Tamén uso o ordenador no meu tempo de ocio. Escoito música, vexo vídeos en Youtube... Ademais, non uso para nada o televisor, xa que vexo as películas e series no meu ordenador en Netflix. Á única rede social á que accedo habitualmente a través do meu ordenador é o correo electrónico.

A parte de utilizar o móbil para a súa función principal de chamar por teléfono, utilízoo para acceder ás redes sociais. A que máis utilizo é o WhatsApp, para poder comunicarme cos meus amigos, e tamén Instagram, para subir e ver fotos no meu tempo de lecer. Aínda que esas son as principais redes sociais que utilizo tamén teño outras como Facebook, Twitter, Snapchat, Skype... As veces tamén descargo algún xogo no meu móbil para pasar o rato e escoito música a través de Spotify.

Ademais tamén uso o móbil para sacar fotos e miralas na miña galería. Para evitar a súa perda, súboas a Google Fotos. Así, se non teño espazo e teño que borrar fotos, ou se teño algún problema no móbil, non as perdo, xa que están gardadas e podo velas desde a miña conta de Google e volvelas a recuperar no móbil descargándoas.

Na miña opinión, é imprescindible no día a día o uso tanto do ordenador coma do móbil. Fixeron posible a comunicación instantánea a nivel mundial e permítennos atopar practicamente todo o que necesitemos en Internet. O único inconveniente que lle vexo é que ás veces dedicámoslle demasiado tempo ao uso do móbil e das redes sociais, é necesario desconectar de vez en cando.

O ano pasado en tecnoloxía ensináronnos a programar robots e tamén utilizamos aplicacións como Processing e Arduino, e pareceume moi interesante e entretido. Por iso, este ano na materia de TIC gustaríame profundar neste tema e aprender algo máis sobre programación.

Tamén me parecería moi interesante e útil aprender a elaborar páxinas web.

jueves, 5 de octubre de 2017