A principal vantaxe do ciberactivismo é que posibilita difundir de forma masiva e rápida as causas polas que se desexa loitar. Isto logra que sexa posible reunir unha gran masa de xente para realizar actos de protesta como huelgas ou manifestacións e deste xeito intentar cambiar algúns aspectos da sociedade. Un exemplo recente foi a movilización feminista do 8 de marzo, que foi moi difundido a través das redes sociales. Tivo unha grande impacto a nivel mundial, conseguindo convocar a milleiros de manifestantes en máis de 50 países.
Este tipo de cousas fan que o ciberactivismo sexa algo beneficioso para a sociedade. Si embargo, por moito que se usen as redes sociales e se compartan e retwitteen as causas e eventos, é necesaria a presenza e a participación real no evento. Así non sirve de nada ser ciberactivista se non se acude e se participa en actividades como folgas ou manifestacións.
A maioría da xente soe ten unha implicación moi pequena nestas campañas, limitándose a dar me gusta, o cal non axuda a cambiar a sociedade. O que se consigue a través de isto é concienciar dos problemas e difundilos pero non solucionalos. Ademáis moitas veces as causas e problemas esaxéranse. Isto débese a que por Internet circula unha gran cantidade de información falsa e bulos que se difunden rápidamente a través das redes. Con isto conséguese que a xente comece a desconfiar de toda a información que lee en internet, polo que ás veces son obviados problemas reais. Ademais a través de Internet tamén se propagan ideas criminais e despiadadas, conseguindo a súa extensión pola sociedade.
Un problema que sempre vin moi presente na nosa sociedade é o desperdicio de comida. En multitude de ocasións vin a empleados de supermercados ir levar caixas e bolsas enormes de comida á basura despois de pechar. Non se trata de alimentos en mal estado, sinon que son totalmente aptos para o consumo. Decidín investigar en
Change algunha petición en contra do desperdicio de alimentos e encontrei unha
petición que me interesou.
O que busca esta petición é pedir unha lexislación europea que deteña o despilfarro de alimentos, obligando aos supermercados a doar a comida sobrante que non venderon a unha ONG a elección, en lugar de tirala á basura. Pode parecer algo imposible, pero en Francia, grazas a unha petición en Change.org conseguiuse este mesmo obxetivo. Entón decidín colaborar con esta causa.
O número necesario de firmas é de 1,5 millóns. Primeiro firmei eu mesma e incluín o meu correo para recibir noticias si esta petición logra o seu obxetivo. Compartín a petición a moitos dos meus contactos e compartina a través da miña conta de instagram e de facebook. Non é unha actuación que vaia ter consecuencias a nivel mundial pero na miña opinión é importante comezar polo que nos rodea persoalmente e a pequena escala. Non recibín ningunha noticia sobre a petición pero polo menos fixen que un número bastante grande de persoas cercanas a min se concenciara do problema e firmara a petición.